Alevina de Xornalista

22 diciembre 2005

¡Bo Nadal!


Meus amigos, Bo Nadal e Felices Festas. ¡Ou Bon Nadal e Bones Festes! Algo de catalán aínda sei dicir, pero non me aplico moito. Terei este espazo un pouco abandonado durante o Nadal, porque en Carballo non teño internet. Así que disfrutade das festas, e vémonos o ano que vén.

20 diciembre 2005

¡Alonso a reporteiro!


Se cadra estou volvendo este blog demasiado monotemático, pero atopei esta fotografía cando buscaba imaxes en internet para ilustrar a entrada anterior, ¡e non puiden resistirme a publicala! ¡Ben é certo que este rapaz lle dá a todo! Aínda que eu pensaba que se restrinxía ós deportes, pero visto o visto, imos ter que andar con ollo os pretendentes a postos de xornalistas, que como ó Nano se lle ocorra xubilarse dos coches logo se nos planta na redacción, ¡e seguro que o collen a el antes que a nós! De momento, non creo que vexa gran cousa con esas gafas...

19 diciembre 2005

Alonso&McLaren: equipo gañador


Só hai unhas horas que saltou a noticia de que Alonso fichará por McLaren a partir da temporada 2007 e os sitios de Fórmula 1 de internet (por exemplo, o blog de Telecinco, o portal asturiano Asturlink) están saturados de comentarios, especulacións e opinións a favor ou en contra da decisión de Alonso. Unha decisión sorprendente para a afición, moi arraigada nunhas cores que non só simbolizaban un equipo, senón un pobo. Moitos se senten defraudados e incluso consideran isto un acto de traición por parte de Alonso cara a unha escudería que o levou da man desde os seus primeiros pasos na Fórmula 1 ata convertelo en campión do mundo. Sen embargo, para chegar ó máis alto e, sobre todo, manterse, hai que saber toma-las decisións adecuadas; algo que Alonso, e as persoas que están ó seu redor, sabe facer moi ben.

Neste caso, penso que volve ser unha decisión acertada. McLaren é un equipo que está renacendo. Un dos mellores equipos da historia, con seis campións do mundo pilotando os seus monoplazas e en pleno proceso de rearme. No 2005 deu o disparo de advertencia, volve pisando forte; pero no 2007 será un equipo que continuará na vangarda do desenvolvemento técnico, cun importante patrocinador procedente de Ferrari, Vodafone, e cun campión do mundo outra vez nas súas filas. Non sabemos como evolucionarán os demais equipos, Ferrari ten moito que dicir aínda, por suposto; e, posiblemente, ó mellor rival de Alonso nas súas filas, porque é moi potente o rumor que afirma que Raikkonen ten un preacordo coa escudería vermella para suceder a Schumacher no 2007. En canto a Renault, posiblemente xa non exista. Este é o punto clave da ecuación: a posible desaparición do equipo Renault. ¿Por que? O novo presidente de Renault, o brasileiro Carlos Goshn, seica non ten demasiado interese en mante-la escudería, polo que é moi probable que ó final da temporada 2006, ou a seguinte como moito, cando remata a vixencia dos Pactos da Concordia (un acordo entre as escuderías que regula as relacións comerciais dos equipos), venda o equipo e se dedique unicamente a fabricar motores para os demais corredores. Se isto é certo, a decisión de Alonso xa non sería axeitada, senón inevitable.

Sexa como sexa, a temporada 2007 será todo un espectáculo digno de presenciar. Ademais, outro shock será a desaparición de Michelin da competición facilitando a permanencia de Bridgestone como única marca de neumáticos... Non sei que tan boa cousa será que haxa un só proveedor de gomas. ¡Pero non ninguneemos o vindeiro campionato! Estreamos sistema de clasificación en tres tandas (que vos explicarei outro día porque é complicado), volveremos a disfrutar dos cambios de neumáticos en boxes durante as carreiras, veremos se Ferrari se espabilou (que debería, porque o pasado ano, vendo que tiña o campionato perdido, imaxino que se dedicaría a prepara-lo seguinte, e se non o fixo, debera) e, como non, a loita de Alonso con Renault por revalida-lo título do Mundial de Fórmula 1. Porque os que afirman que Alonso se verá perxudicado por parte do equipo debido á súa marcha, están moi equivocados. Renault quere gañar e Alonso é a mellor baza que teñen, un novo título para a escudería sempre é bo. E se finalmente desaparece, máis razóns aínda para apoiar a Alonso e obter un novo título. Señores, ¡o espectáculo está servido!

18 diciembre 2005

¡Como intimidan os rapaces!


Furgóns dos Mossos d'esquadra na manifestación dos traballadores de SEAT. 10/11/05.
Cris Souto

Esta semana, o mércores, saía da facultade e dirixíame á entrada do metro da praza da Universitat para ir á casa, cando me atopei co tráfico desviado e varios furgóns dos mossos d'esquadra, uns tres. ¿Que pasaba? Outra das moitas manifestacións que saen da praza da Universitat, normalmente cara á praza Sant Jaume (onde está a Generalitat) ou á do Ajuntament (que non recordo como se chama). Neste caso, tratábase dunha marcha contra a lei da ensinanza, uns douscentos rapaces con pancartas, panfletos e unha pequena banda de tambores marcando o paso a ritmo de samba. Sen embargo, imaxino que os precedentes serán pouco menos que sanguinolentos, porque ían escoltados por cinco furgóns dos mossos, unha ambulancia, dous todoterreos e un par de coches máis da policía urbana. Todo isto por dous centenares de rapaces, cando na manifestacion dos traballadores de SEAT do dez de novembro, fronte ós 12.000 homes e mulleres, había dous furgóns dos mossos agardando na plaza Sant Jaume con unha ambulancia e un coche de policía, e poucos máis ían na retagarda da marcha. Si que debe inspirar desconfianza a xuventude, si...

O paquete misterioso

Nenos, estou nun sinvivir. Calquera que me coñeza minimamente sabe que a miña paciencia é proporcional (-mente pequena) á miña (enorme) curiosidade. Pois ben, onte chegou ó meu buzón un aviso de Correos sobre certo paquete que me está agardando á volta da esquina (textualmente, porque a oficina de Correos está na esquina da miña rúa). ¡Pero onte era sábado! E os sábados Correos pecha á unha da tarde, é dicir, dúas horas antes de que eu vira o aviso. ¡E hoxe é domingo! Co cal Correos está pechado e ata mañá non vou poder saber nada do meu misterioso paquete. Misterioso, ¡porque non hai remite! Minto, o remite que poñen os de Correos é DBM-RF1... quedei como estaba. ¡¡¡Vou morrer de curiosidade!!!
P.D.: Admítense comentarios de ánimo.

16 diciembre 2005

Alonso "rules"


Fernando Alonso converteuse nun heroe. E non falo de gañar o Mundial de Fórmula 1, ¡que va! ¡Dígoo literalmente! Ós de Sony ocorréuselles outra volta de rosca para sacarlle partido ó tirón da alonsomanía, e adivinade que: Crearon un cómic de ciencia ficción no que o Nano asturiano lidera un grupo de números un de diferentes planetas para salva-lo Universo. ¡Vaia tela! O guionista desta ida de olla mental é José Luis Candelas e o cómic en cuestión, Sector 97, ten unha páxina web onde podedes ve-lo primeiro capítulo. ¡É a coña! A música está ben. Tentei colgar aquí o trailer, pero dáme que non podo subir arquivos de vídeo. De todas formas, seguireino intentando. Se tedes curiosidade, podedes velo na páxina web que vos comentei. Mentres, déixovos algunhas imaxes: unha da presentación do cómic co Alonso de carne e óso e outra coa imaxe da portada do primeiro número, ¿cal é o asturiano? ¡Só lle faltan os calzóns por fóra!

15 diciembre 2005

PRIVADA versus PÚBLICA












Definitivamente, hai diferencia entre unha universidade pública e unha privada... ¡E nótase moito! Xa non só no ambiente: menos xente, un trato máis próximo entre alumnos e profesores, as fotocopias son gratuítas, as festas son en Pachá, en locais con piscina privada... Pero, ademais, xa me loubaron máis traballos ca en tres anos en Santiago. O martes os artigos de deportes e hoxe as fotos da manifestación dos traballadores de SEAT. Ó final entreguei as tres fotos que reproduzo nesta entrada. Teño un 9,5. ¡Eso motiva! E non reproduzo aquí o comentario adxunto porque xa sería demasiado, jeje.

14 diciembre 2005

¡A patinar en Carballo! ...e a ve-la TDT

Carballo avanza a pasos axigantados para convertirse nunha cidade. Desde logo, culturalmente vai no camiño axeitado. O FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), o Nadal Cultural, o Novembro con Música, o Verán Cultural, a Primavera Endanza, a Feira do Libro (aínda que esta non acaba de despegar). ¡E agora temos unha pista de xeo para disfrutar dun dos deportes máis divertidos que coñezo! ¿Quen se apunta? Hai que recoñecer que a iniciativa privada ten moito que ver nisto, de feito, a proposta veu dunha empresa de Carballo. ¡Iso está ben!
E xa que estou tan animada defendendo a prosperidade da Costa da Morte, anímovos a entrar na páxina web que Mario Rodríguez Gómez, un estudiante de 18 anos de O Ézaro (Dumbría), creou para reunir firmas de protesta pola exclusión da Costa da Morte da zona de cobertura da TDT. De feito, hai numerosas zonas escuras en toda Galicia. Na páxina podedes atopar tamén mapas da cobertura da televisión dixital, así como informacións acerca do tema. Está moi interesante.

Xa van 21



¡Creo que este vai ser un bo ano! Cando era pequena e xogaba coas Barbies sempre lles poñía a mesma idade: ou 17 ou 21. Os dezaesete... xa non me lembro moi ben como foron, pero desde logo non foi o peor ano da miña vida, así que máis ou menos tivo que ser bo. ¡E os 21 van ser xeniais! Remato a carreira (¡por fin!), vou ter coche propio (¡por fin!), estou libre coma un paxariño, empezarei a traballar e gañar cartiños para viaxar aínda máis (co cal necesitarei compañeiros de viaxe... ¿quen se animaaa?), e moi posiblemente vaia vivir cos meus queridiños alevíns de xornalistas (aínda que xa non seremos alevíns...).
Pero estou un pouquiño triste... Está ben recibir sms de felicitación (graciñas) pero é moito mellor cando ves as caras sorrintes dos teus amigos cando che dan unha aperta o día do teu cumpleanos, e a cara de pillos de algúns que acostuman a facerme agardar ó último momento para darme o meu regalo!!! Pero iso hoxe non vai pasar... ¡Espero que a aperta de felicitación do cumpleanos se multiplique de aquí a unha semana cando nos vexamos! Agardarei...
¡Pero non nos poñamos tristes! ¿Anímovos o día? Jeje, para que vexades que sigo sendo a mesma... O mércores pasado tiña que entregar un traballo de deseño que aínda non rematei... E hoxe tiña que entregar outro traballo de deseño (o borrador do análise de La Voz de Galicia) á outra profesora de deseño. Este téñoo a medias pero podía entregalo así porque só é para que vexa por onde van os tiros e se vou ben ou non. Peeero, cando cheguei á clase (media hora tarde porque estiven esperando polo do butano e dándolle os últimos retoques ó traballo incompleto de análise), antes de entrar escoitei na porta por se me equivocaba de aula, ¡e escoitei a voz da outra profesora, da que lle tiña que ter entregado o traballo a semana pasada! Co cal, non entrei e aquí me tedes, na aula de informática teóricamente rematando os traballos... ¡Qué será de min! Algunha escusa poñerei... ¡Jeje!

Os revisores do metro existen


Nenos, debo comunicarvos, advertirvos, prevenirvos, por se algunha vez visitades Barcelona, ¡que o carteliño do metro que ameaza cunha multa de corenta euros se non levades o billete vai en serio! Esta mañá, camiño da facultade (media hora tarde, polo do butano), coma tódolos días no metro, medio que odio e adoro a partes iguais, sucedeu algo moi estraño, algo que nunca vira no tempo que levo en Barcelona, tres meses xa. Estaba tan tranquila lendo o libro sobre Fernando Alonso que escribiu Víctor Seara (está bastante ben, recoméndovolo; a pesares de que ou Alonso é perfecto ou, máis probable, Seara o idolatra demasiado), cando unha mulleriña baixiña, regordeta, cun abrigo morado e un aparello estraño na man (parecido a ese que teñen os da ORA) se parou diante miña. Parecía que esperaba algo de min... ¡pero que! E entón pronunciou as palabras máxicas: "el bitllet". ¡Aaaahhh! !Eso era un revisor! Bueno, unha revisora. Mira que vin carteis publicitarios animándote a paga-lo billete de metro, pero xa dicía eu que moito civismo esperaba Clos dos seus cidadáns... Cando levantei a vista, vinos a todos. Ían en manada, un grupiño de cinco individuos, catro mulleres e un home, tres mulleres baixiñas e regordetas, unha algo máis alta e un homiño que case pasaba desapercibido entre elas. E todos co seu abrigo morado e o estraño aparello... ¿servirá para poñe-las multas de 40 euros? ¡Que calafrío! A min non me tocou nin a ningún dos que ían no meu vagón, así que espero non saber para que serve o aparatiño, non vaia ser que teña que desfacerme de corenta euros para averigualo. ¡A miña curiosidade non chega a tanto!
P.D.: Esa foto non é miña, saqueina de internet.

13 diciembre 2005

Martes e trece

Non quero ser gafe e tal, ¡pero este martes e trece non estivo nada mal! Xa sei que aínda non rematou... Pero foi un día moi animado. Poucas clases, algunha que outra loubanza profesional, ánimo para traballar (adiantei bastante os meus traballos atrasados), un día soleado... ¡¡¡e xa teño un mp3 que funciona!!! Por riba, a señora do Círculo tróuxome o libro recopilatorio de Mafalda, ¡morro por lelo! Aínda que non sei cando poderei lelo, a ver se no Nadal. Pero este tipo de libros son para ler a anaquiños. Mmm, espero que ningún teña queixa do día de hoxe, ¿como pasástedes este martes e 13? ¿Ou algún dos meus alevíns é coma Ángel Nieto e téñolle que dicir 12+1?

O "caso Echevarría"

Xa hai varias semanas que escribín un artigo de opinión para o seminario de Deportes... tema que non controlo demasiado, polo que non me sinto moi segura do que escribo para esa asignatura ou do que digo na clase. Peeero!, hoxe o profesor, Ramón Besa, redactor xefe de deportes de El País en Cataluña, díxome que lle gustaron moito tanto a miña editorial como o meu artigo de opinión. Bueno, exactamente calificou o meu estilo de "cruel e bélico", pero seica iso está moi ben. De feito, publicaría o artigo (a editorial xa sabedes que é outra historia) e dixo que era de licenciatura, aínda que ese comentario non o entendín moi ben. ¡Agora sei que podo facer xornalismo de deportes! Non é que sexa unha revelación divina, pero faime sentir ben saber que non me iría de todo mal na sección dos freakis (¿escríbese así?), esa que parece que non forma parte do resto do xornal na maioría de empresas.
Para que catedes un pouco do meu estilo "cruel e bélico", publico aquí ambos textos. Un pouco tarde, pero facede memoria histórica e lembrade un pouquiño do lío no que se meteu Joan Laporta, presidente do omnipotente Barça Fútbol Club, por culpa do seu cuñado, Alejandro Echevarría, que formou parte dunha asociación franquista. E se non vos lembrades, practicade un pouco de xornalismo de hemeroteca ou usade Google, non vos vou facilitar eu todo o traballo, alevíns de xornalistas!


"EDITORIAL:

El “caso Echevarría”

Son muchas las batallas que deben librar ante el público personajes como el presidente de uno de los clubes futbolísticos con más seguidores del país. Están en juego muchos valores pero, sobre todo, la credibilidad. Eso es lo que elevó en su día a Laporta a lo más alto del barcelonismo. Y eso es lo que ayer, a las doce del mediodía, perdió. El escándalo saltó hace días, cuando se denunció la vinculación de uno de los directivos del F.C. Barcelona con la Fundación Nacional Francisco Franco. Un fuerte revés a la imagen de un club cuyo presidente murió a manos de la dictadura franquista. Ayer, Laporta decidió defender a capa y espada al condenado, Alejandro Echevarría, su cuñado. El presidente fue a la guerra con su palabra como única arma, puso en juego su credibilidad, y salió vencido. Tras la rueda de prensa, no sólo Echevarría seguía en el corredor de la muerte, sino que el propio Laporta se colocó en la cuerda floja. En unos días, un líder fuerte, carismático y loado, se ha convertido en objeto de críticas, desconfianza y, cuando menos, incomprensión. Aunque diga lo contrario, Joan Laporta sí está tocado. Ante todo, como presidente, tiene la obligación de deberse a su club y a sus socios, anteponiendo los intereses del equipo a los propios. Este deber básico quedó en entredicho con el “caso Echevarría”. Laporta ha minado la confianza que la afición tenía en él. A partir de ahora deberá emplearse a fondo para recuperar su bien más preciado, aquello que definirá si supera esta crisis o si sus días como presidente del F.C. Barcelona están contados: la credibilidad.


ARTÍCULO DE OPINIÓN:

E ó final caeu da burra

Ni iceberg a la vista, ni molinos de viento, ni estandarte franquista. “Joan sin miedo” luchó contra viento y marea, con el irreductible apoyo de la junta unida (al menos ante las cámaras), para defender el honor de su cuñado. Cual héroe griego que se encuentra ante un desafío del destino, Laporta escogió el camino más tenebroso y lo afrontó con valor. Tozudez, al fin y al cabo. Lo siguió hasta el final, y el final llegó ayer a medianoche. Doce horas después de la fatídica rueda de prensa, donde ni sus espléndidas dotes de orador pudieron obrar el milagro, el presidente se topó de frente con iceberg, molinos y gigantes, y al fin cayó de la burra. Tarde, mal y arrastras, no cubierto de gloria, sino vencido por lo inevitable, aceptó el adiós de un Echevarría que, con el orgullo del caído, presentó su dimisión inapelable. Pero las tragedias clásicas son famosas por sus desenlaces fatales, y nuestro héroe todavía sigue escribiendo su historia. El “caso Echevarría” ha sido una bofetada para una afición que tenía puestas sus esperanzas en un hombre que parecía diferente a los demás, en un presidente creíble, cuya ilusión de engrandecer a su equipo traspasaba las pantallas de televisión y calaba hondo en los corazones culés. Pero esa imagen se ha transformado y la confianza de los socios se siente traicionada. ¿Resurgirá el presidente de sus cenizas o más bien terminará de hundirse en las gélidas aguas del descrédito? De él depende remontar el vuelo."

13 noviembre 2005


A manifestación dos traballadores de SEAT o xoves en Barcelona avanzando cara á Generalitat. En canto ós xornalistas, ¿quen acosa a quen?
Cris Souto


Non é unha foto moi boa tecnicamente, pero a coña do cartel é boísima.
Cris Souto


Un traballador de SEAT, membro de CCOO.
Cris Souto


Ó final, na praza de Sant Jaume, fronte ó Palau da Generalitat, quedaron os máis violentos.
Cris Souto


O ¿inevitable?: antidisturbios rebozados na manifestación dos traballadores de SEAT en Barcelona
Cris Souto

09 noviembre 2005

Ante os rumores que circulan por Santiago de que non piso a facultade (a da Ramón Llull, se entende), véxome obrigada a facer un comunicado público neste meu espazo na Internet: ¡Vaia novidade! ¿Como uns alevíns de xornalistas coma vós non saben distinguir unha noticia? Recórdolles ós meu benqueridos colegas que un dos principios fundamentais para que unha información sexa noticia é a súa novidade. E, neste caso, iso de quedar na cama no canto de ir á clase vén de lonxe, ¿non si, Noela?
Agora en serio, os dous últimos días de clase, é dicir, os dous únicos días que tiven de clase a semana pasada, non fun. ¡Que pereza! Pero si que procuro ir, porque aquí as clases, polo menos dúas de catro, serven para algo e son interesantes. E os profesores (4 de 5) saben do que falan.

08 noviembre 2005

Nenos, esta vida é cruel. Moitas veces, ou algunhas veces, afastados de todo o que coñecemos e queremos, preséntaseno-la oportunidade de disfrutar duns días de oasis na capital branca con algúns dos teus mellores amigos. Pero, como dicía, a vida é cruel e o diñeiro manda, por riba de moitos soños. Peeero, tamén é certo que onde se pecha unha porta se abre unha ventá e non hai nada como ter amigos no maior número posible de tempos, lugares e espazos. Velaí que esta rapariga non quede unha ponte máis morta de asco na capital blaugrana, senón que se vaia pasear polas praias malagueñas, a Alhambra granadina e vai ti saber que máis. Así que, rapaces, Noela, non te sintas xa tan triste, muller, ¡que polo menos non vou pasar soa a ponte!
Como vexo que iso dos comentarios vos custa un pouco. Nesta entrada anímovos a que me contedes nos comentarios que plans tedes para a ponte de decembro. ¡Non vale dicir que hai que facer traballos! Eu seguramente tamén os terei que facer. Pero a ponte é moi larga e hai tempo para todo.

02 noviembre 2005


UN PASEO POLO PORTO DE BARCELONA

O pasado mércores 25 de outubro, decidín poñerme por fin a sacar fotos por Barcelona. Pareceume un bo comezo dar un paseo polo porto. Tentei reproducir aquí unha mostra do percorrido, pero éme máis sinxelo facer un álbume no "my space" de MSN. Podedes abrilo directamente desde o Messenger, clicando sobre o meu icono, ou nesta dirección (aínda que non sempre funciona):
http://spaces.msn.com/members/avelaina. Sede piadosos, non son boas fotos, é a miña primeira experiencia fotográfica e ó chou... Ésta é a foto que máis me gusta.

01 noviembre 2005

É curioso ver como chega unha ponte máis ou menos longa e as cidades se baleiran. Un paseo a soas por Barcelona tal día coma hoxe pode ser deprimente. Non se ve moita xente polas rúas, pero é que ata o sol se nega a acompañarte. Ás seis da tarde é noite. Iso é un problema cando tes que facer fotos... coma min. Pero (e agora comeza a miña campaña pro-visita a Madrid) unha ponte nunha gran cidade, se é en compañía, pode ser estupenda. Pouca xente significa máis mesas libres para tomar un café, máis entradas dispoñibles para ver un musical, menos cola para visitar lugares de interese turístico, e máis prazas nos hoteis! Unha panacea. ¿Como podería alguén negarse a algo así? Así que xa sabedes, amigos, apuntádevos a visitar Madrid na ponte de decembro. ¡Nunca o ides esquecer!
Este texto vai especialmente dedicado a Noe e Carballeira, jeje!

17 octubre 2005

Ciberlectores, ciberlectoras, amigos, compañeiros e demais interesados nestas liñas... ¡OLA! Hoxe, luns 17 de outubro de 2005, estamos de resaca, pero nunha desas resacas nas que dá gusto atoparse. ¡Somos campións! ¡Sentímonos campións! Xa sabiamos que o nano ovetense era o novo campión mundial de Fórmula 1, pero a carreira de onte foi sublime, de principio a fin. Saeu da pole, rematou no máis alto do caixón e entregoulle o mundial de constructores a Renault (velaí a desbordante felicidade de Briatore), coa inestimable axuda de Fisichella, por suposto. O rapaz por fin fixo os deberes estupendamente en Shangai gardándolle as costas ó seu xefe de filas ante o seu principal rival, un Kimi Raikkonen que parecía estar en bastante baixa forma na última carreira do mundial 2005. Montoya si estaba dando todo de si, loitando por un terceiro posto no mundial de pilotos que, finalmente, non puido conseguir ¿por causa de que? ¡Dunha rexilla do desaugue que se levantou! Deberían penaliza-lo circuíto, que polo demais seica está incrible. Vai ser que, en vez de aproveitar que estou en Barcelona e ir ó GP de Montmeló, ¡vou ter que aforrar e ir a Shangai! Sexa como sexa, meus queridos amigos, o caballino rampante non rampou moito este ano, non hai máis que ver, como exemplo, os DOUS accidentes de Shangai, onde destrozou o seu coche e mailo terceiro... Pero, aínda que pareza incrible, está no terceiro posto de pilotos por diante de Montoya e Fisichella. Pobre Fisichella, que se lle cala o monoplaza en boxes (¡que xa é difícil!). Hai que felicitar ó verdadeiro Ice Man, ó sangue frío e o saber facer de Fernando Alonso (http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/fernando_alonso/noticia.jsp?CAT=107&TEXTO=100000077325), e desde logo, ó equipo Renault e a Michelin, dous equipos que souberon adaptarse ás novas regras do xogo. Rematamos un mundial, pero o Mundial de Fórmula 1 2006 está ás portas e, outra volta, as condicións cambiaron e, Ley de Darwin na man, o mellor adaptado será o supervivente!


 

Site Counters