Alevina de Xornalista

09 noviembre 2005

Ante os rumores que circulan por Santiago de que non piso a facultade (a da Ramón Llull, se entende), véxome obrigada a facer un comunicado público neste meu espazo na Internet: ¡Vaia novidade! ¿Como uns alevíns de xornalistas coma vós non saben distinguir unha noticia? Recórdolles ós meu benqueridos colegas que un dos principios fundamentais para que unha información sexa noticia é a súa novidade. E, neste caso, iso de quedar na cama no canto de ir á clase vén de lonxe, ¿non si, Noela?
Agora en serio, os dous últimos días de clase, é dicir, os dous únicos días que tiven de clase a semana pasada, non fun. ¡Que pereza! Pero si que procuro ir, porque aquí as clases, polo menos dúas de catro, serven para algo e son interesantes. E os profesores (4 de 5) saben do que falan.

1 Comments:

  • A túa blog é mala, faime escribir os comentarios varias veces, non me quere. Eu que só quería dicirche que me gustan moito as túas fotos (porque supoño que son túas) e que hai que deixar de ser tan vaga e ir á clase.
    Por certo, que sorte cos profes.... nós que seguimos coa mesma panda de incompetentes,jeje.
    Biquiños carballesa

    By Anonymous Anónimo, at 15/11/05 22:35  

Publicar un comentario

<< Home


 

Site Counters