Ciberlectores, ciberlectoras, amigos, compañeiros e demais interesados nestas liñas... ¡OLA! Hoxe, luns 17 de outubro de 2005, estamos de resaca, pero nunha desas resacas nas que dá gusto atoparse. ¡Somos campións! ¡Sentímonos campións! Xa sabiamos que o nano ovetense era o novo campión mundial de Fórmula 1, pero a carreira de onte foi sublime, de principio a fin. Saeu da pole, rematou no máis alto do caixón e entregoulle o mundial de constructores a Renault (velaí a desbordante felicidade de Briatore), coa inestimable axuda de Fisichella, por suposto. O rapaz por fin fixo os deberes estupendamente en Shangai gardándolle as costas ó seu xefe de filas ante o seu principal rival, un Kimi Raikkonen que parecía estar en bastante baixa forma na última carreira do mundial 2005. Montoya si estaba dando todo de si, loitando por un terceiro posto no mundial de pilotos que, finalmente, non puido conseguir ¿por causa de que? ¡Dunha rexilla do desaugue que se levantou! Deberían penaliza-lo circuíto, que polo demais seica está incrible. Vai ser que, en vez de aproveitar que estou en Barcelona e ir ó GP de Montmeló, ¡vou ter que aforrar e ir a Shangai! Sexa como sexa, meus queridos amigos, o caballino rampante non rampou moito este ano, non hai máis que ver, como exemplo, os DOUS accidentes de Shangai, onde destrozou o seu coche e mailo terceiro... Pero, aínda que pareza incrible, está no terceiro posto de pilotos por diante de Montoya e Fisichella. Pobre Fisichella, que se lle cala o monoplaza en boxes (¡que xa é difícil!). Hai que felicitar ó verdadeiro Ice Man, ó sangue frío e o saber facer de Fernando Alonso (http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/fernando_alonso/noticia.jsp?CAT=107&TEXTO=100000077325), e desde logo, ó equipo Renault e a Michelin, dous equipos que souberon adaptarse ás novas regras do xogo. Rematamos un mundial, pero o Mundial de Fórmula 1 2006 está ás portas e, outra volta, as condicións cambiaron e, Ley de Darwin na man, o mellor adaptado será o supervivente!

