¡Como intimidan os rapaces!

Furgóns dos Mossos d'esquadra na manifestación dos traballadores de SEAT. 10/11/05.
Cris Souto
Esta semana, o mércores, saía da facultade e dirixíame á entrada do metro da praza da Universitat para ir á casa, cando me atopei co tráfico desviado e varios furgóns dos mossos d'esquadra, uns tres. ¿Que pasaba? Outra das moitas manifestacións que saen da praza da Universitat, normalmente cara á praza Sant Jaume (onde está a Generalitat) ou á do Ajuntament (que non recordo como se chama). Neste caso, tratábase dunha marcha contra a lei da ensinanza, uns douscentos rapaces con pancartas, panfletos e unha pequena banda de tambores marcando o paso a ritmo de samba. Sen embargo, imaxino que os precedentes serán pouco menos que sanguinolentos, porque ían escoltados por cinco furgóns dos mossos, unha ambulancia, dous todoterreos e un par de coches máis da policía urbana. Todo isto por dous centenares de rapaces, cando na manifestacion dos traballadores de SEAT do dez de novembro, fronte ós 12.000 homes e mulleres, había dous furgóns dos mossos agardando na plaza Sant Jaume con unha ambulancia e un coche de policía, e poucos máis ían na retagarda da marcha. Si que debe inspirar desconfianza a xuventude, si...


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home