O paquete misterioso
Nenos, estou nun sinvivir. Calquera que me coñeza minimamente sabe que a miña paciencia é proporcional (-mente pequena) á miña (enorme) curiosidade. Pois ben, onte chegou ó meu buzón un aviso de Correos sobre certo paquete que me está agardando á volta da esquina (textualmente, porque a oficina de Correos está na esquina da miña rúa). ¡Pero onte era sábado! E os sábados Correos pecha á unha da tarde, é dicir, dúas horas antes de que eu vira o aviso. ¡E hoxe é domingo! Co cal Correos está pechado e ata mañá non vou poder saber nada do meu misterioso paquete. Misterioso, ¡porque non hai remite! Minto, o remite que poñen os de Correos é DBM-RF1... quedei como estaba. ¡¡¡Vou morrer de curiosidade!!!
P.D.: Admítense comentarios de ánimo.


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home