13 noviembre 2005
09 noviembre 2005
Ante os rumores que circulan por Santiago de que non piso a facultade (a da Ramón Llull, se entende), véxome obrigada a facer un comunicado público neste meu espazo na Internet: ¡Vaia novidade! ¿Como uns alevíns de xornalistas coma vós non saben distinguir unha noticia? Recórdolles ós meu benqueridos colegas que un dos principios fundamentais para que unha información sexa noticia é a súa novidade. E, neste caso, iso de quedar na cama no canto de ir á clase vén de lonxe, ¿non si, Noela?
Agora en serio, os dous últimos días de clase, é dicir, os dous únicos días que tiven de clase a semana pasada, non fun. ¡Que pereza! Pero si que procuro ir, porque aquí as clases, polo menos dúas de catro, serven para algo e son interesantes. E os profesores (4 de 5) saben do que falan.
08 noviembre 2005
Nenos, esta vida é cruel. Moitas veces, ou algunhas veces, afastados de todo o que coñecemos e queremos, preséntaseno-la oportunidade de disfrutar duns días de oasis na capital branca con algúns dos teus mellores amigos. Pero, como dicía, a vida é cruel e o diñeiro manda, por riba de moitos soños. Peeero, tamén é certo que onde se pecha unha porta se abre unha ventá e non hai nada como ter amigos no maior número posible de tempos, lugares e espazos. Velaí que esta rapariga non quede unha ponte máis morta de asco na capital blaugrana, senón que se vaia pasear polas praias malagueñas, a Alhambra granadina e vai ti saber que máis. Así que, rapaces, Noela, non te sintas xa tan triste, muller, ¡que polo menos non vou pasar soa a ponte!
Como vexo que iso dos comentarios vos custa un pouco. Nesta entrada anímovos a que me contedes nos comentarios que plans tedes para a ponte de decembro. ¡Non vale dicir que hai que facer traballos! Eu seguramente tamén os terei que facer. Pero a ponte é moi larga e hai tempo para todo.
02 noviembre 2005

UN PASEO POLO PORTO DE BARCELONA
O pasado mércores 25 de outubro, decidín poñerme por fin a sacar fotos por Barcelona. Pareceume un bo comezo dar un paseo polo porto. Tentei reproducir aquí unha mostra do percorrido, pero éme máis sinxelo facer un álbume no "my space" de MSN. Podedes abrilo directamente desde o Messenger, clicando sobre o meu icono, ou nesta dirección (aínda que non sempre funciona): http://spaces.msn.com/members/avelaina. Sede piadosos, non son boas fotos, é a miña primeira experiencia fotográfica e ó chou... Ésta é a foto que máis me gusta.
01 noviembre 2005
É curioso ver como chega unha ponte máis ou menos longa e as cidades se baleiran. Un paseo a soas por Barcelona tal día coma hoxe pode ser deprimente. Non se ve moita xente polas rúas, pero é que ata o sol se nega a acompañarte. Ás seis da tarde é noite. Iso é un problema cando tes que facer fotos... coma min. Pero (e agora comeza a miña campaña pro-visita a Madrid) unha ponte nunha gran cidade, se é en compañía, pode ser estupenda. Pouca xente significa máis mesas libres para tomar un café, máis entradas dispoñibles para ver un musical, menos cola para visitar lugares de interese turístico, e máis prazas nos hoteis! Unha panacea. ¿Como podería alguén negarse a algo así? Así que xa sabedes, amigos, apuntádevos a visitar Madrid na ponte de decembro. ¡Nunca o ides esquecer!
Este texto vai especialmente dedicado a Noe e Carballeira, jeje!






