Alonso "rules"


Fernando Alonso converteuse nun heroe. E non falo de gañar o Mundial de Fórmula 1, ¡que va! ¡Dígoo literalmente! Ós de Sony ocorréuselles outra volta de rosca para sacarlle partido ó tirón da alonsomanía, e adivinade que: Crearon un cómic de ciencia ficción no que o Nano asturiano lidera un grupo de números un de diferentes planetas para salva-lo Universo. ¡Vaia tela! O guionista desta ida de olla mental é José Luis Candelas e o cómic en cuestión, Sector 97, ten unha páxina web onde podedes ve-lo primeiro capítulo. ¡É a coña! A música está ben. Tentei colgar aquí o trailer, pero dáme que non podo subir arquivos de vídeo. De todas formas, seguireino intentando. Se tedes curiosidade, podedes velo na páxina web que vos comentei. Mentres, déixovos algunhas imaxes: unha da presentación do cómic co Alonso de carne e óso e outra coa imaxe da portada do primeiro número, ¿cal é o asturiano? ¡Só lle faltan os calzóns por fóra!


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home