Xa van 21

¡Creo que este vai ser un bo ano! Cando era pequena e xogaba coas Barbies sempre lles poñía a mesma idade: ou 17 ou 21. Os dezaesete... xa non me lembro moi ben como foron, pero desde logo non foi o peor ano da miña vida, así que máis ou menos tivo que ser bo. ¡E os 21 van ser xeniais! Remato a carreira (¡por fin!), vou ter coche propio (¡por fin!), estou libre coma un paxariño, empezarei a traballar e gañar cartiños para viaxar aínda máis (co cal necesitarei compañeiros de viaxe... ¿quen se animaaa?), e moi posiblemente vaia vivir cos meus queridiños alevíns de xornalistas (aínda que xa non seremos alevíns...).
Pero estou un pouquiño triste... Está ben recibir sms de felicitación (graciñas) pero é moito mellor cando ves as caras sorrintes dos teus amigos cando che dan unha aperta o día do teu cumpleanos, e a cara de pillos de algúns que acostuman a facerme agardar ó último momento para darme o meu regalo!!! Pero iso hoxe non vai pasar... ¡Espero que a aperta de felicitación do cumpleanos se multiplique de aquí a unha semana cando nos vexamos! Agardarei...
¡Pero non nos poñamos tristes! ¿Anímovos o día? Jeje, para que vexades que sigo sendo a mesma... O mércores pasado tiña que entregar un traballo de deseño que aínda non rematei... E hoxe tiña que entregar outro traballo de deseño (o borrador do análise de La Voz de Galicia) á outra profesora de deseño. Este téñoo a medias pero podía entregalo así porque só é para que vexa por onde van os tiros e se vou ben ou non. Peeero, cando cheguei á clase (media hora tarde porque estiven esperando polo do butano e dándolle os últimos retoques ó traballo incompleto de análise), antes de entrar escoitei na porta por se me equivocaba de aula, ¡e escoitei a voz da outra profesora, da que lle tiña que ter entregado o traballo a semana pasada! Co cal, non entrei e aquí me tedes, na aula de informática teóricamente rematando os traballos... ¡Qué será de min! Algunha escusa poñerei... ¡Jeje!


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home