É curioso ver como chega unha ponte máis ou menos longa e as cidades se baleiran. Un paseo a soas por Barcelona tal día coma hoxe pode ser deprimente. Non se ve moita xente polas rúas, pero é que ata o sol se nega a acompañarte. Ás seis da tarde é noite. Iso é un problema cando tes que facer fotos... coma min. Pero (e agora comeza a miña campaña pro-visita a Madrid) unha ponte nunha gran cidade, se é en compañía, pode ser estupenda. Pouca xente significa máis mesas libres para tomar un café, máis entradas dispoñibles para ver un musical, menos cola para visitar lugares de interese turístico, e máis prazas nos hoteis! Unha panacea. ¿Como podería alguén negarse a algo así? Así que xa sabedes, amigos, apuntádevos a visitar Madrid na ponte de decembro. ¡Nunca o ides esquecer!
Este texto vai especialmente dedicado a Noe e Carballeira, jeje!


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home